Tovar, Antón (1921-2004)

Antoloxía poética / Antón Tovar ; [coordinador, Delfín Caseiro ; limiar de Xesús Alonso Montero] - Vigo : Xerais , 2023 - 168 p. ; 22 cm - (Xerais Clásicos ; 28) . - Clásicos (Edicións Xerais de Galicia) 28 .

Esta "Antoloxía poética" de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004), que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos, permite que nos adentremos na obra poética dun autor que, en palabras de Delfín Caseiro, responsable da biografía introdutoria, foi "un home desacougado, que semellaba vivir nun pesadelo eterno, intemporal, na procura infatigábel da luz, da calma, da verdade, da felicidade". As angueiras existenciais da condición humana, que tan acertadamente plasma Tovar nos seus versos, marcan a lectura desta antoloxía. Son versos que nacen do íntimo, que suscitan unha profunda emoción e a reflexión crítica de quen se deixa seducir pola súa lectura. A iniciativa do profesor Xesús Alonso Montero, o Museo da Limia (Vilar de Santos) pon en marcha este libro, en colaboración con Xerais, que rescata unha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX, precisamente arredor da celebración do centenario do nacemento de Antón Tovar.

9788411102544


Poesía galega - --20º século
Poesía gallega - --20º siglo
Antoloxías
Antologías

821.134.4-1

Coa tecnoloxía Koha