El caso Salgueiro / Óscar Reboiras
por Reboiras Loureiro, Óscar (1979- ) [autor/a]
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Cidade de Antioquía Sala préstamo | N REB cas | Dispoñible | OED012000014227 |
|
Unha tarde xeada de febreiro, dous obreiros atopan uns restos humanos baixo a neve en Salgueiro, unha antiga aldea abandonada do Parque Natural do Xurés. O último dos nove cadáveres achados foi enterrado apenas dúas semanas antes e todos os corpos parecen debuxar unha estrela cun círculo ao redor.
O principal xornal local envía a Fina, unha recentemente licenciada en xornalismo, a cubrir o suceso, pero ninguén pode acceder á estrada que sobe cara a Salgueiro porque Arturo León, un poderoso empresario sen escrúpulos, está a tentar tapar o descubrimento para que as súas especulacións inmobiliarias non se vexan afectadas. A investigación da nova xornalista destapará a historia duns brutais asasinatos cometidos na zona durante os anos sesenta, pero tamén unirá a tres almas solitarias fronte aos abusos de poder e a un misterioso asasino sen identidade.
Premio de Novela Galicia Rural.